top of page
Buscar
Foto del escritorSanta Cruz de Canido

Agradecemento


Cando iniciabamos este ano tiñamos do

us retos: intentar buscar o recambio para o impresionante equipo de cobradoras da parroquia e darlle continuidade ao Toldo da Tafona, como elementos centrais nos ingresos da nosa Cáritas.


Ningún dos dous obxectivos puideron cumplirse. A Covid-19 impediu que o noso equipo de mulleres puidesen facer o seu traballo e o Toldo tivo que ser suspendido.

Eso ten como consecuencia que se perderan as principais fontes de ingresos coas que contamos para poder atender a crecente necesidade das nosas familias.

Cando estas cousas ocorren hai dúas opcións, a primeira é caer no desánimo e a segunda abanadonarse nas mans do único que non falla, que é o noso Señor.

Este ano foi así, e o Señor feito Barrio xurdiu de novo para salvar en parte a nosa situación. E nesas estamos. O Toldo Virtual está sendo unha mostra da auténtica xenerosidade, a que non precisa publicidade, a que faise sen buscar ningunha contraprestación.

Levamos dous días e estamos sobrepasados polas mostras de agarimo da veciñanza que está a mercar as nosas tapas e bebidas, tamén virtuais, como se fosen o mellor remedio para a fame e a sede, a que se quita para sempre.

Non temos palabras: amigas, amigos, veciñanza, xente anónima, persoas que sabemos non están no seu mellor momento económico pero que deciden axudar....moi emocionante.

Polo que esto supón para a nosa xente estamos abertos á vosa colaboración permanente. O Toldo Virtual será ese recuncho no que poder contar co voso impulso en momentos complexos como o presente, pero sen abusar. Somos conscientes de que tampouco é o mellor momento para pedir colaboracións, pero devolveremos a vosa xenerosidade multiplicada por mil, asegurámolo.

Seguimos aquí, podedes seguir facendo achegas porque nunca son suficientes, e coa transparencia que queremos transmitir, o sábado ás 12:00 publicaremos a cuantía total da axuda. Tamén tedes a nosa memoria anual de 2019 publicada na nosa web http://www.santacruzdecanido.org, e así será cada 3 de maio.

Mil grazas a todas e todos, e alí nos tedes, nos baixos das Torres de Santa Cruz onde nunca faltará un café quente para quen veña.

Apertas familia!!!

24 visualizaciones0 comentarios

Comments


bottom of page