Estamos ao servizo das familias máis empobrecidas do barrio, acompañando os seus procesos vitais, permanecendo ao seu lado cando o precisan, tentando crear lazos de fraternidade e inserción nunha comunidade que os acolle.
Os nosos recursos son froito da comuñón de bens que as veciñas e veciños do barrio poñen á nosa disposición para destinalos ao servizo daqueles que máis o necesitan, polo que sen vós non somos nada. Os nosos socios, o Toldo da Tafona, as doazóns puntuais, mercados solidarios, as achegas do voluntariado e, especialmente, a Campaña de Nadal, permítennos atender necesidades básicas como, axudas de emerxencia para alimentación, vivenda ou subministracións, cada vez máis custosas. Tamén destinamos fondos á formación externa de adultos e rapaces, a taxas para trámites administrativos, dámoslles apoio xurídico, tramitámoslles prestacións, clases de reforzo socioeducativo, talleres variados (teatro, ganchillo, español, nacionalidade española, informática, orientación laboral etc), en definitiva, traballamos pola promoción das persoas . Tamén facemos acompañamento do taller téxtil de Cáritas Diocesana e, recentemente, levamos o Armario Solidario. Todas elas actividades comunitarias para sentirmos unha familia.